Gallego

Sindicato Profesional
de Músicos 

Miembro de la Federación Internacional de Músicos (FIM)


#sindicatodemúsicos #delbalcónalministerio #toquemosaunísono

BENVIDOS AO SINDICATO PROFESIONAL DE MÚSICOS

Somos o único sindicato de músicos oficial de España, amparados pola FIM (Federación Internacional de Músicos), e queremos que a comunidade deste sindicato medre para que a potencia da nosa voz aumente máis ca nunca.
Neste período de inestabilidade, o noso obxectivo é ser de utilidade para todos os músicos. Xa sexas intérprete, docente ou teñas unha academia de música de teu; sexas traballador por conta allea, ou autónomo… a nosa prioridade é procurar solucións, e para iso precisamos que formes parte desta comunidade. Deste xeito a información será bidireccional, do sindicato aos seus afiliados e dos afiliados ao sindicato, e coñeceremos todos os casos que afectan neste intre aos músicos do país.
O sindicato mantense grazas ás cotas dos seus afiliados pero, debido á situación actual, o pagamento da afiliación efectuarase a partir do mes de agosto.

Únete a nós para podermos acadar grandes metas

Afíliate!

Share by: